6 mar. 2018

CUMPREANOS DE SAMUEL

Día 6 de marzo, foi o cumpreanos do noso compi Samuel: 11 anos.
Degustamos unha bandexa preciosa chea de froitas, e todas estaban riquísimas! Moitísimas gracias á familia de Samu. 





OS NOSOS PARABÉNS! 

16 feb. 2018

ENTROIDO ETNOGRÁFICO!


Despois do Nadal, chega o esperado Entroido! 
Pois dada a temática dos oficios, aí estamos todos co noso posto de ferreiros, preparados para traballar no ferro! 

Logo de vir do auditorio de ver a actuación dos paiasos, tomamos un chocolate quentiño que estaba boísimo!
E para estirar o chocolate, púxemonos a xogar ás carreiras polo patio. Que ben o pasamos! 
































MOMENTAZOS DAS HORAS DE PLÁSTICA!

Aí vos quedan algúns recordos das horas de Plástica, onde todo era de todos, as ideas non se "copian": "compártense", e todo iso que vós xa sabedes!











DÍA DA PAZ e DA ÁRBORE.

Chegado o mes de xaneiro, toca celebrar o día mundial da Paz. 

No noso colexio, aproveitamos para celebrar tamén o día da Árbore.

Durante os días previos, cada un de nós, decorou un símbolo da paz e finalmente, fixemos o número cinco para decorar un dos taboleiros do patio. Mirade que bonito luceu.








CHARLA CO AVÓ DE YANIRA.

Como este curso, a temática é o "Patrimonio etnográfico", e no Entroido tocounos ir disfrazados de ferreiros, tivemos a sorte de ter connosco a Sergio, o avó de Yanira.

Contounos que desde moi neno traballou neste oficio e que sempre lle gustara. 
Agora mesmo, xa está xubilado e quen mellor ca el, para descubrirnos o mundo do traballo do ferro. 

Incluso nos dixo, que na súa casa ten unha pequena fragua onde fai pequeniños obxectos para el.

Aquí quedan fotos desa mañá. Foi moi  interesante!








Moitísimas gracias Sergio. Vémonos noutra.

15 dic. 2017

EXCURSIÓN ETNOGRÁFICA

Neste primeiro trimestre, e en relación coa temática do "Patrimonio etnográfico", visitamos o museo Liste e o pazo dos marqueses Quiñones de León; ámbolos dous situados en Vigo.

Aquí quedan fotos dalgúns dos momentos máis interesantes das visitas, e tamén máis entretidos!

Aquí estabamos atendendo á explicación do funcionamento dun tear antigo. Servía para a confección de teas, coas que despois confeccionaban a roupa.



O carro coas vacas! Esta era a sala da agricultura, cereais, trasnos como o sumicio... Seica entraban de noite nas casas para facer....trasnaaaaadassssss!!!



Foto no exterior e despedida.


Chegamos aos xardíns do pazo Quiñones.
Mirade que fento tan grande atopamos aquí. Lembrades que tiñan esas follas polo revés?



Jorge co bambú.


Foto na casiña das pombas: un pombal.

A perderse polos labirintos de buxo coas araucarias de fondo!



Posado "pa'la foto"!


Interior do pazo, na primeira sala coa exposición da Prehistoria, achádegos romanos...

Habitacións do pazo: un escritorio.


Guerreiros coa armadura!


Carroza incluída e Mauro de voluntario para transportala!

Foto grupo de despedida.

Momento troula no parque con caídas incluidas! 



















Pasámolo moi ben e portámonos xenial;  o mellor de todo é que aguantou sen chover e xogamos un montón. Ata a próxima amiguiños!